Comunidad Hispano Americana de letras

¿Quieres reaccionar a este mensaje? Regístrate en el foro con unos pocos clics o inicia sesión para continuar.
Comunidad Hispano Americana de letras

Comunidad literaria hispano americana de escritores noveles


    Elixo deixarme levar

    balteu
    balteu
    Admin


    Mensajes : 29
    Fecha de inscripción : 02/02/2009

    Elixo deixarme levar Empty Elixo deixarme levar

    Mensaje  balteu Lun Mar 16, 2009 1:36 pm

    Entre os sonos mutilados,
    de doces encantos vellos,
    que quedaron postergados,
    polo empuxe de outros novos,
    descansa a alma tranquila,
    recreando o sentimento,
    esquecendo xa o añexo…

    …elixir deixarse levar…
    pola maxia dos sentidos,
    polo camiño inalterable
    que traza con amor a túa mirada,
    polo xesto das túas mans,
    ou quizais pola esencia sutil
    que desprenden as túas verbas,
    hipnotizado, ou encantado,
    trasposto, ou namorado,
    coma en un conto de fadas.

    Deixándose levar coa mente,
    preñada de imaxinarios encontros,
    de miradas cómplices de desexo,
    de caricias sen límite de nada,
    de bicos roubados en cita
    de noite solapada ao alba.

      Fecha y hora actual: Vie Mar 29, 2024 2:54 am